castelan galego


O Tempo
Rutas
Valid XHTML 1.1

proxecto cosubvencionado por:

consellería de industria
Voluntariado galego
inicio
Introducción

LUGARES DE INTERESE:


Destacan os Pazos de Andeade (Andeade) e Pazo de Mince (Prevediños), que presentan un bo estado de conservación  e edificacións de gran beleza e interese. Tamén destacan os Pazos de Dioño (Cornado) e Rosende (Calvos), propiedades privadas de gran importancia arquitectónica, así como a Casa Lobagueiras ( Bendaña), e o Pazo de San Cristovo ( Fao), este último abandonado, pero proba patente do esplendor do concello en épocas pasadas.


A existencia destes pazos, algúns deles ben conservados, deixa patente que no lugar houbo épocas de esplendor e familias de avoengo, como reflicten os escudos que locen moitas destas casonas.


Tamén destacan numerosos muíños por todo o concello, moitos deles en activo actualmente, e outros en proceso de restauración, así como restos da arquitectura tradicional como son os hórreos, lavadoiros, fontes ou pombais.


No referente á arquitectura relixiosa, destacan os cruceiros de Andeade e Loxo, e as igrexas existentes en cada parroquia, con especial interés  a de Santa María de Turces e a de San Fiz de Quión, así como as capelas ou ermidas de Santa Isabel de Baiobre ( Beseño) ou a da Concepción ( Prevediños), entre outras moitas.

escudo