|
|||
| SERVIZOS Sanidade e Saude | Reservas | Tramites e xestións | Eventos| Ligazons | |||
|
|||
2º Exercicio praza educador/a familiarmar, 31 de xaneiro de 2012ACTA DE REALIZACIÓN DO SEGUNDO EXERCICIO DA OPOSICIÓN PARA CUBRIR A PRAZA DE EDUCADOR/A FAMILIAR Na Casa do Concello de Touro, sendo as once horas do día trinta e un de xaneiro de dous mil doce, reúnense os membros do Tribunal constituído para valorar as probas selectivas dos aspirantes a cubrir a praza de Educador/a familiar do Concello, a efectos de realizar o segundo exercicio da fase de oposición, conforme ao establecido na base novena da convocatoria: - Presidente: D. José Antonio Gómez Pedreira, Secretario do Concello. - Secretario.: D. Carlos J. Méndez-Losada Abalo, Secretario do Concello de Vedra. - Vocais…….: Dª. María Cruz Toande Ramos, Educadora Familiar do Concello do Pino. Dª. María Cruz Andrade García, Secretaria do Concello de Melide. Dª. Olga Dourado González, Secretaria do Concello da Baña. O señor presidente declara iniciado o acto e seguidamente procédese a realizar o segundo exercicio da fase de oposición, consistente en desenvolver por escrito dous temas elixidos polo tribunal da parte específica do Anexo I das bases da convocatoria, chamando aos aspirantes que superaron o primeiro exercicio. Non comparecen D.ª María Pereira Boquete, D. Julio Torneiro Fernández e Dª. Paula Prados Caamaño. O Tribunal elixe os temas da parte específica números 14: “A violencia de xénero: definición, características, tipos e consecuencias” e 20: “O sistema familiar: estrutura e funcións. O ciclo vital familiar”, que os opositores deberán desenvolver nun tempo máximo de dúas horas.Rematado o exercicio, o Tribunal procede a súa cualificación co seguinte resultado: Apelidos e nome Puntuación González Mujico, María Nieves........................................................ 18 Méndez Blanco, Sonia ....................................................................10 Quelle Quelle, Samuel ................................................................... 0 López González, Xabier ................................................................ 0 Á vista das puntuacións obtidas e sendo o exercicio obrigatorio e de carácter eliminatorio, aproban o segundo exercicio os aspirantes seguintes: Apelidos e nome Puntuación González Mujico María Nieves........................................................ 18 Méndez Blanco, Sonia ................................................................... 10 O Tribunal acorda publicar a relación de aprobados pol orde de puntuación obtida no Taboleiro de edictos e na páxina web do Concello (Sección emprego) e convocar aos aprobados para a realización do terceiro exercicio ás doce horas e trinta minutos do día tres de febreiro de 2012. O señor Presidente da por finalizado o acto sendo ás trece horas e cincoenta e cinco minutos, levantándose a presente acta que subscriben os membros do Tribunal, de que eu, Secretario, certifico. |
|||