|
OMIX
OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL
UBICACIÓN: no Concello, xunto a Biblioteca Municipal. DESTINATARIOS: fundamentalmente aos mozos/as do concello . HORARIO: Luns a Venres de 9:00 a 14:30/ 16:00 a 20:00 horas. SERVIZOS: INFORMACIÓN E ASESORAMENTO NOS SEGUINTES EIDOSEMPREGO: a través da Revista de Información Xuvenil e outras ofertas de ámbito local.
VIVENDA: requisitos a ter en conta antes de mercar ou alquilar unha vivenda.
EDUCACIÓN: becas ( Erasmus, Sénecas, Lingüisticas, nacionais,...etc), convocatorias das diversas oposicións ( exército, educación,...)
SAÚDE, CALIDADE DE VIDA E MEDIO AMBIENTE: a través da oferta de cursos. Participamos no "Programa de promoción de vida sen tabaco" da Dirección Xeral de Saúde Pública (Consellería de Sanidade) mediante a difusión de material informativo.
CULTURA: promoción e participación de actividades culturais (música, teatro, cine,títeres, festas xuvenís,...)LECER: a través das diferentes programacións turisticas estacionais que oferta a Xunta así como as organizadas polo propio Concello.
DEPORTE:a través das diferentes Escolas Deportivas
PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO: tanto no ámbito local como no internacional.Realización do Carné Xove e información sobre as súas vantaxes.
|
|