|
|||
| SERVIZOS Sanidade e Saude | Reservas | Tramites e xestións | Eventos| Ligazons | |||
![]() |
|||
|
Organización municipal: Acordos do Pleno da Corporación adoptados en sesión de 29 de xuño de 2011. IV.- PROPOSTA SOBRE CREACIÓN DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL. Dáse lectura á proposta para a creación da Xunta de Goberno Local, de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia. Vistos os antecedentes e sometido a votación o asunto, o Pleno, por oito votos a favor, do grupo do PP, e tres abstencións, dos grupos do BNG e PS de G-PSOE, acorda: Primeiro.- A creación da Xunta de Goberno Local como órgano integrante da organización municipal e con todas as competencias que lle son inherentes e que, no seu caso, lle sexan delegadas conforme á lexislación vixente. Segundo.- A Xunta de Goberno Local estará integrada polo Alcalde e tres concelleiros nomeados polo mesmo, de acordo co establecido no artigo 23 da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local. Terceiro.- A Xunta de Goberno Local celebrará sesións ordinarias dúas veces ao mes, cun intervalo de quince días, no horario que determine o Alcalde. Así mesmo celebrará as sesións extraordinarias que sexan convocadas polo señor Alcalde de conformidade co establecido na lexislación vixente. Cuarto.- Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa inmediata entrada en vigor. V.- POSTA EN COÑECEMENTO, NO SEU CASO, DA RESOLUCIÓN DO ALCALDE SOBRE NOMEAMENTO DE MEMBROS DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL E DELEGADOS DA ALCALDÍA. Dada conta da resolución do Alcalde de data 29 de xuño de 2011, en relación co nomeamento dos membros da Xunta de Goberno Local e dos delegados da Alcaldía; o Pleno dáse por informado da citada resolución, que transcrita literalmente di: “De conformidade co establecido na Lei 7/1985 e habendo sido aprobada polo pleno a creación da Xunta de Goberno Local polo Pleno do Concello, RESOLVO: Primeiro.- Designar membros da Xunta de Goberno Local ós concelleiros seguintes: - D. Eugenio Elisardo Montero Valiño. - D. Jesús Martínez Pereira. - D. Alfredo Souto Castelo. Segundo.- En aplicación do establecido no artigo 46 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, designar tenentes de Alcalde ós seguintes membros da Xunta de Goberno Local: - Primeiro Tenente de Alcalde: D. Eugenio Elisardo Montero Valiño. - Segundo Tenente de Alcalde: D. Jesús Martínez Pereira. - Terceiro Tenente de Alcalde: D. Alfredo Souto Castelo. Terceiro.- Delegar na Xunta de Goberno Local as seguintes atribucións, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 7/1985, modificada pola Lei 11/1999, de 21 de abril: a) A aprobación da oferta de emprego público, de acordo co presuposto e o cadro de persoal aprobados polo Pleno, a aprobación das bases das probas para a selección de persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo, competencia incluída dentro de artigo 21.1,g). b) Delegar, así mesmo, as competencias establecidas nos apartados j, n, ñ, o, p, q) do mencionado artigo 21.1. c) Delegar, ademais, o desenvolvemento da xestión económica de acordo co presuposto aprobado e a disposición de gastos dentro dos límites da súa competencia, coa excepción da aprobación daqueles gastos que correspondan por razón da contía á Xunta de Contratación e Compras e de aqueles outros que polas necesidades da xestión municipal no poida demorarase a súa aprobación, execución ou contratación, por razón do funcionamento operativo dos servicios. Cuarto.- Designar delegados da Alcaldía ós seguintes concelleiros nas materias que se relacionan a continuación: - Delegado de obras, servicios e urbanismo: D. Eugenio Elisardo Montero Valiño. - Delegado de cultura: D. Jesús Martínez Pereira. - Delegado de servizos sociais, igualdade de xénero e familia: D. Alfredo Souto Castelo. - Delegado de educación e deportes: Dª Adela Isabel Iglesias Tojo. - Delegada de promoción do emprego e turismo: Dª María Josefa Codesido Barreiro. - Delegado de agricultura e medio ambiente: D. Manuel Puga García. - Delegado de facenda: D. Raúl Maximino Míguez López. Mandouno e firma o señor Alcalde, D. Ignacio Codesido Barreiro, en Touro, a vinte e nove de xuño de dous mil once.” VI.- PROPOSTA SOBRE CREACIÓN DA XUNTA DE CONTRATACIÓN E COMPRAS. De conformidade co establecido na Disposición adicional segunda, punto catro da Lei 30/2007 de 30 de outubro de contratos do sector público, proponse ao Pleno a creación da Xunta de Contratación e Compras, que, de conformidade coa mencionada disposición, terá a seguinte composición e competencias. Vistos os antecedentes e sometido a votación, o Pleno, por oito votos a favor, do grupo do PP, e tres abstencións, dos grupos do BNG e PS de G-PSOE, acorda: Primeiro.- A constitución da Xunta de Contratación e de Compras, de conformidade co establecido na Disposición adicional segunda, punto catro da Lei 30/2007 de 30 de outubro de contratos do sector público, que terá a seguinte composición e competencias: 1. A Xunta de Contratación e de Compras terá por obxecto a aprobación, actuando como órgano de contratación nos contratos de obras que teñan por obxecto traballos de reparación simple, de conservación e de mantemento; nos contratos de subministros os que se refiran a bens consumibles ou de fácil deterioro polo uso e nos contratos de consultoría, asistencia e nos de servizos, ata un límite máximo 2.000 euros por cada obra, servizo ou subministro que se aprobe. A Xunta de Contratación e Compras aprobará as facturas, propostas de gasto, etc., autorizando, comprometendo e obrigando o gasto correspondente, dando conta á Xunta de Goberno Local dos acordos adoptados. 2. A Xunta de Contratación e de Compras estará formada polo Alcalde, que a presidirá, e catro concelleiros nomeados polo mesmo de entre aqueles que ostenten delegacións de carácter específico, actuando como secretario o Secretario-Interventor do Concello. 3. A Xunta de Contratación e de Compras celebrará sesións ordinarias dúas veces por mes, cun intervalo de quince días, e as extraordinarias que sexan convocadas polo Alcalde de conformidade coas regras establecidas con carácter xeral para os órganos colexiados da Corporación. Segundo.- Publicar no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa inmediata entrada en vigor desde a data en que se aprobe polo Pleno da Corporación.
CORPORACIÓN MUNICIPAL
Alcalde:
IGNACIO CODESIDO BARREIRO
Concelleiros:
ALMUDENA DEL MAR CASTRO QUINTÁS MARÍA JOSEFA CODESIDO BARREIRO ADELA ISABEL IGLESIAS TOJO JESÚS MARTÍNEZ PEREIRA RAUL M. MÍGUEZ LÓPEZ EUGENIO E. MONTERO VALIÑO MANUEL PUGA GARCÍA JOSÉ LUÍS SIMÓN NEIRA ALFREDO SOUTO CASTELO JOSÉ MARÍA VILAS RAVIÑA
GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS
Grupo municipal do Partido Popular (PP):
Ignacio Codesido Barreiro (Alcalde) D. Eugenio Elisardo Montero Valiño (Portavoz) María Josefa Codesido Barreiro Adela Isabel Iglesias Tojo Jesús Martínez Pereira Raúl M. Míguez López Mnuel Puga García Alfredo Souto Castelo
José María Vilas Raviña (Portavoz) Almudena Del Mar Castro Quintás
Grupo municipal do Partido Socialista de Galicia-Partido Socialista Obrero Español (PSG-PSOE)
José Luis Simón Neira
PERIODICIDADE DE SESIÓNS ORDINARIAS DO PLENO
TENENTES ALCALDES
Primeiro Tenente de Alcalde: Eugenio Elisardo Montero Valiño Segundo Tenente de Alcalde:Jesús Martínez Pereira Terceiro Tenente de Alcalde: Alfredo Souto Castelo
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
- Ignacio Codesido Barreiro - Eugenio Elisardo Montero Valiño - Jesús Martínez Pereira - Alfredo Souto Castelo
XUNTA DE CONTRATACIÓN E COMPRAS
Presidente: Ignacio Codesido Barreiro Vocais......: Manuel Puga García Raúl Maximino Míguez López Adela Isabel Iglesias Tojo María Josefa Codesido Barreiro Secretario: José Antonio Gómez Pedreira
DELEGADOS DA ALCALDÍA
- Eugenio Elisardo Montero Valiño.
Delegado de cultura:
- Jesús Martínez Pereira
Delegado de servicios sociais, igualdade de xénero e familia:
- Alfredo Souto Castelo
Delegado de agricultura e medio ambiente:
- Manuel Puga García
Delegado de Facenda:
- Raúl Maximono Míguez López
Delegado de educación e deportes:
- Adela Isabel Iglesias Tojo
Delegado de promoción do emprego e turismo:
- Mª Josefa Codesido Barreiro
COMISIÓNS INFORMATIVAS
Comisión de obras, servizos e urbanismo
Presidente: Eugenio Elisardo Montero Valiño Vocais.....: Jesús Martínez Pereira Alfredo Souto Castelo Manuel Puga García José María Vilas Raviña Almudena Del Mar Castro Quintás José Luis Simón Neira
Comisión de cultura
Presidente: Jesús Martínez Pereira Vocais.....: Adela Isabel Iglesias Tojo Manuel Puga García Mª Josefa Codesido Barreiro José María Vilas Raviña Almudena Del Mar Castro Quintás José Luis Simón Neira
Comisión de servicios sociais, igualdade de xénero e familia
Presidente: Alfredo Souto Castelo Vocais.....: Adela Isabel Iglesias Tojo Jesús Martínez Pereira Raúl Maximino Míguez López José María Vilas Raviña Almudena Del Mar Castro Quintás José Luis Simón Neira
Comisión de agricultura e medio ambiente
Presidente: Manuel Puga García Vocais.....: Raúl Maximino Míguez López Eugenio Elisaro Montero Valiño Mª Josefa Codesido Barreiro José María Vilas Raviña Almudena Del Mar Castro Quintás José Luis Simón Neira
Comisión de facenda e especial de contas
Presidente: Raúl Maximino Míguez López Vocais.....: Jesús Martínez Pereira Alfredo Souto Castelo Adela Isabel Iglesias Tojo José María Vilas Raviña Almudena Del Mar Castro Quintás José Luis Simón Neira
Comisión de educación e deportes
Presidente: Adela Isabel Iglesias Tojo Vocais.....: Manuel Puga García Eugenio Elisaro Montero Valiño Mª Josefa Codesido Barreiro José María Vilas Raviña Almudena Del Mar Castro Quintás José Luis Simón Neira
Comisión de promoción do emprego e turismo
Presidenta: Mª Josefa Codesido Barreiro Vocais.....: Raúl Maximino Míguez López Eugenio Elisaro Montero Valiño Alfredo Souto Castelo José María Vilas Raviña Almudena Del Mar Castro Quintás José Luis Simón Neira
REPRESENTANTE DA CORPORACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS
|
|||